Blog da Biblioteca do C.P.I. Dr. López Suárez. Friol

28.10.16

Mochilas viaxeiras





No mes de outubro,  e outro ano máis, as mochilas viaxeiras partiron da biblioteca para ser entregadas ás titoras de Infantil e Primaria e así repartilas entre o alumnado. Deste modo queremos seguir fomentando a lectura e de forma especial a lectura en familia. Como é costume cada mochila contén material diverso e adaptado aos diferentes niveis: narrativa en galego e castelá, un CD de música, un libro de manualidades, un libro en inglés, un libro de consulta para as familias, un mapa do concello, un conto infantil, e unha libreta para recoller suxestións das familias. Esperamos que vos gusten e que disfrutedes deses importantes momentos de lectura en familia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas