Un par de semanas
antes de chegar o Samaín todo o centro estaba traballando en diferentes actividades para
celebrar esta festividade cando o alumnado de 4º da Eso capturou nunha
fotografía estenopeica a Oxidosiños, quen decidiu deixar a súa inquebrantable inmobilidade
no laboratorio e comezar unha andaina polo colexio. Quizás motivoulle a gran cantidade de información en torno á
celebración que enchía, pouco a pouco, o corredor. Verémolo máis adiante
noutras imaxes.

Dos primeiros traballos
que puidemos ler na exposición foron os realizados polo alumnado de 1º da Eso;
trátanse de É noite de Samaín e dun
acertado Conxuro que anhelamos que se
cumpra.
É noite de Samaín
Conxuro
SAMAÍN
SAMAINEIRO,
SAMAINEIRO
SAMAIN
bota
as bruxas ao caldeiro, que queimen co seu mandil
SAMAIN
SAMAINEIRO, SAMAINEIRO SAMAIN
Eu
non quero ter mais medos, de noite quero durmir.
Que
non haxa máis exames
nin
máis deberes ruíns,
que
non haxa máis castigos
deses
que adoitan aquí.
SAMAÍN
SAMAINEIRO, SAMAINEIRO SAMAÍN
que
as cousas feas do mundo
se
amañen xa dunha vez,
que
se respecte os dereitos
de
tantos necesitados:
cóntanse
por centenares
afogándose
no mar
SAMAÍN
SAMAINEIRO, SAMAINEIRO SAMAIN
Vexo
as luces das cabazas
sei
que vides a por min
SAMAÍN
SAMAINEIRO, SAMAINEIRO SAMAIN
Que
me escoite o mundo enteiro
desde
Friol, desde aquí
quero
un mundo verdadeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario