3.11.16

Club de lectura




Neste primeiro trimestre eliximos dous libros segundo a etapa educativa dos rapaces e rapazas: Ana Frank, la biografía gráfica para 1º e 2º da ESO e O señor Ibrahim e as flores do Corán para 3º e 4º da ESO e realizamos a presentación dos mesmos no mes de outubro. Para os próximos trimestres trataremos de que os dous ciclos realicen a mesma lectura.
Ademais do intercambio de ideas, sentimentos, apreciacións… que poidan xurdir arredor da lectura, como en anos anteriores realizaremos algunha actividade que complete e enriqueza aquilo que nos aportou a obra. Estamos seguros de que, como en cursos pasados, os nosos lectores e lectoras farán gala do seu enxeño, creatividade e arte.
Como sempre poderedes seguir neste blog as nosas actividades.
Tamén queremos lembrarvos que calquera que desexe acompañarnos pode incorporarse ao noso club ao longo do curso; sempre teremos un oco no noso sofá para vós.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas