6.11.17

Club de lectura



Un curso máis botamos a andar o noso Club de Lectura. E como sempre énchenos de ledicia ver que algúns de nosos rapaces e rapazas  “reinciden” nesta aventura. Tamén lle damos a benvida a aqueles que recibimos a bordo por primeira vez.



E nunca mellor dito, porque coa primeira lectura cruzaremos o Atlántico da man dunha adolescente. No libro As confesións de Carlota Doyle, do escritor estadounidense Avi, nárrase como unha rapaza da boa sociedade americana ten que realizar unha longa viaxe  dende Inglaterra a EEUU na compaña da tripulación do Seahawk, un barco enigmático dirixido polo capitán Jaggery. Como non pode ser doutro xeito, a persoa que arriba a porto nunca poderá volver a ser a mesma do inicio da historia.



Así que, xa mergullados na lectura, esperamos que a nosa travesía conte cos ventos máis propicios.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas