26.4.18

¿Cuánta tierra necesita un hombre? I




Pajom, o protagonista da historia, provisto dun legón, deberá percorrer a pé e ir marcando os límites do que será o seu terreo. O tempo do que dispón será dende a saída á posta do sol.
Pero o desexo de facerse cunha finca  regular non é posible posto que ambiciona posuír as mellores terras, as máis fértiles, o que trae consigo que a súa posesión resulte unha área irregular.






 Nós preguntámonos de que modo poderiamos medir unha superficie de tales características. Eliximos a entrada do edificio de secundaria e mediante triangulación puxémonos ao choio. 







Velaquí os xeómetras:









Por fin sabemos: Canta entrada necesita o alumnado?
Para quen lle interese: 58,60 m2

Por certo, fíxose unha porra, o que máis se achegou non calculou nin a metade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas