Outro ano
máis celebramos o Samaín, e comezamos co clásico conxuro
interpretado, nesta ocasión, pola profesora de infantil Ana López Rielo.
Tamén puidemos disfrutar dunha exposición de
cabazas. Foron moitas e moi creativas, como podedes ver neste video.
Coas cabazas premiadas deseñamos un marcapáxinas para repartir a toda a comunidade educativa.
Non faltaron os contos terroríficos. Como exemplo podedes ler o creado por Lucía Roca López, alumna de 6º de primaria.
Ademais, entraron na biblioteca algunhas novidades para esta ocasión.
Coa colaboración do departamento de Orientación e o departamento de inglés os alumnos de secundaria, participaron nun obradoiro de cociña decorativa e presentaron unha mesa doce da que poideron disfrutar na hora de lecer. O traballo en equipo foi fundamental na elaboración das receitas, favorecéndose a través do taller a convivencia non so entre alumando senón tamén entre o profesorado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario