8.11.18

CLUB DE LECTURA






Xa levamos un tempo co Club de Lectura a voltas e aínda non apareceramos por aquí.
E como xa ía sendo hora,  un curso máis facemos a presentación oficial; os reincidentes e os novos  valores.




Os de primeiro, que somos un pouco pillabáns, estamos gozando moito coas aventuras e “desventurillas” de Tom Gates. Porque a este rapaz parar non lle para a cabeza.
Hai algúns que xa rematamos a lectura e  estamos esperando polas seguintes  ocorrencias deste personaxe. Que  “perpetrarán” agora el e o seu amigo Derek? Como seguirá a relación con Marcus e Amy? E o seu grupo musical?...





O resto dos cursos andamos tratando de descubrir que é o que lle sucedeu a Catalina Moscoso, unha reporteira galega afincada en Madrid que volve á súa terra por cuestións de traballo e …., desaparece.  Que será dela? A inspectora encargada da investigación sabe menos  do seu paradoiro ca nós; pero, claro, tampouco nosoutros o sabemos aínda todo.
O desenlace deste libro daranos que pensar…






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas