Durante o segundo trimestre as lecturas realizadas no club foron:
En 1º da ESO O veleno da risa, escrito por Jaureguizar e
ilustrado por José Matalobos, Penúltimas tendencias en 2º e 3º da ESO
e Makinaria en 4º da ESO; ambas da
autoría de Carlos Negro.
A acción da primeira obra ten
como escenario principal a cidade de Lugo. E é
nas súas rúas e edificios máis emblemáticos onde Tintimán, o protagonista e reporteiro máis novo,
namoradeiro e, segundo el, máis espelido do mundo mundial, terá
que enfrontarse unha vez máis ao seu inimigo, o home da máscara. Nesta ocasión
Tintimán deberá recuperar os planos
que se utilizaron no século III na construción da muralla e que este delincuente roubou. Pero ben vimos que non resultou unha tarefa sinxela…
Visto o éxito que entre os rapaces e rapazas do club tivo o curso anterior Penúltimas
tendencias, decidimos que nesta
ocasión lese a obra o alumnado de 2º e 3º da ESO. E a lectura volveu resultar!
A mesma aceptación tivo Makinaria
entre o alumnado de 4º da ESO. E é que
con Carlos Negro resulta fácil achegar
os rapaces e rapazas á poesía; porque a senten, a disfrutan e porque en moitas das
composicións o autor pon palabras ao que
eles senten. Por estas razóns a posta en común destes
poemarios sempre resulta dinámica, emotiva e estimulante.
E as últimas lecturas deste curso son: en 1º da ESO
o cómic Astérix en Italia (en galego) de Jean-Yves Ferri e Didier Conrad R. (os personaxes foron creados por
R. Goscinny e A. Urdezo), e Instrucións para tomar café de Núñez Singala
para os demais cursos ( en 2º realizamos unha selección destes relatos)
No caso da primeira lectura percorreremos a Italia do ano 50 a.C. nunha
carreira na que os nosos heroes galos lles poñerán as cousa moi difíciles aos
romanos a base de moito enxeño e, por que non dicilo, dunha pequena axuda…
En Instrucións para tomar café
Singala ofrécenos un feixe de relatos, microrrelatos e contos na súa maior
parte caracterizados polo humor, a ironía e os desenlaces inesperados. Pero tras o sorriso que nos provoca nun primeiro momento a
lectura vén a inevitable reflexión sobre nós mesmos, os nosos comportamentos e sobre a sociedade que estamos a construír.
No hay comentarios:
Publicar un comentario