Presentámosvos un vídeo realizado polo alumnado de 4º da Eso, froito dun obradoiro de cine dirixido por Alfonso Díez. Neste documental achéganse os obxectivos fundamentais do proxecto de atención á diversidade así como algunhas das actividades programadas en torno aos contos seleccionados en cada titoría.
Elaborouse un tríptico no que figuraba o programa do día xunto con todos os participantes implicados. Envíouse a modo de invitación a toda a comunidade educativa.
Contamos unha vez máis coa visita da extraordinaria titiriteira Raquel Queizás, que marabillou a todo o persoal coa súa obra, cargada de valores por un lado e dinamismo e diversión por outro.
Configurouse un plano do percorrido polos diferentes stands nos que se expoñían os traballos de todos os cursos. Desde infantil ata a Eso, o alumnado traballou os distintos aspectos sobre diversidade reflectidos nos libros seleccionados.
Foi unha mágoa non poder disfrutar do noso percorrido pola praza da vila debido ás intensas choivas.Tivemos que trasladarnos ao pavillón do colexio.
Os libros traballados polo alumnado, así como os resultados das súas reflexións e esforzos, foron os seguintes:
Xa no Centro Socio-cultural asistimos a unha conferenciado do director Rubén Riós, previa á proxección do seu documental "Vida" e a curtametraxe "Máis ca vida".
Contounos como chegou a dedicarse ao mundo do audiovisual, a sorte que supón facer o que a un lle gusta, o esforzo que implica e, máis polo miúdo, a extraordinaria experiencia que supuxo embarcarse neste proxecto onde director, actores e actrices convertéronse durante dous anos nunha familia. Unha familia, na que os seus membros, grazas a aceptación e o afecto, irían mudando a forma de percibir a súa relación cos demais.
O documental de Riós logrou abrir os nosos ollos a unha realidade en moitos casos allea. Ademais de ser instrutivo chegou a provocar nos asistentes unha profunda reacción emocional.
Pero aínda nos agardaba unha sorpresa: o actor principal da curtametraxe compartiu a súa experiencia con todos nós.
Para todo o alumnado da Eso levouse a cabo un
obradoiro teatral a cargo de Maisqueteatro co obxectivo de favorecer o concepto
de inclusión nas aulas. As dinámicas estiveron orientadas a que os alumnos
entendesen os diferentes xeitos de discriminación existentes, así como as
emocións que provoca a exclusión social. No proceso de montaxe tentouse que o
alumnado transmitira unha mensaxe propia coa fin de emocionar e concienciar ao
público. Deste obradoiro naceron estas dúas pezas.
Ademais da curta documental que vimos no principio desta entrada o alumnado de 4º da Eso creou outra de ficción no obradoiro de cine impartido por Alfonso Díez. Cada quen que xulgue o traballo do alumnado. Nós..., aínda botamos unhas risas.
Boas, son a nai de Antón Romero, e quixera darlle as grazas, tanto ao alumnado coma ao claustro pola boa acollida da expo do noso pequeno artista. Dicir que nos sentimos moi orgullosos de poder chegar á rapazada e que entendan que o bonito é ser distinto, que non pasa nada e que podemos aceptarnos todos porque aínda que cada un teña o seu propio mundo, a este pertencemos todos. Foi unha honra para nós participar na xornada e esperamos volver pronto. Apertas fortes
ResponderEliminarGrazas a toda a equipa do centro pola tremenda implicación e a acollida, grazas de verdade polo voso esforzo. Unha honra formar parte!
ResponderEliminar