15.1.20

Club de lectura. Querida avoa, querido avó...






Como xa fixemos mención na anterior entrada, varios son os aspectos  que comparten as obras Diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial e Lúa de Senegal. E tras a lectura, outro máis chamou a nosa atención: a presenza e importancia da figura da avoa en ambas obras. Mamá Feriane, a contadora de historias e gardiá da tradición, e a avoa spokane,  portadora dese sabedoría que permite discernir o que é realmente importante e desbotar os prexuízos. E claro, as dúas comparten o amor incondional polos seus netos e netas.
E isto levounos a pensar nos nosos propios avós e avoas, no que os queremos, lles debemos e as poucas veces que llelo dicimos, porque damos por suposto que xa o saben. Así que decidimos mandarlles unha carta para recordárllelo.  Confiamos en que  que eles e elas a recibiron coa mesma emoción coa que nós as escribimos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas