14.2.20

Xogos na Biblioteca





Á volta de Nadal  decidimos aproveitar os tempos de lecer e poñernos a xogar.
Coa axuda da titora,  formouse ao alumnado de 6º de primaria nas regras e dinámicas   de distintos entretementos lóxico-matemáticos, construtivos, memorísticos…. Posteriormente,  no transcurso de dúas semanas,  foron  eles os encargados de aprenderllo ao resto dos cursos.
Con esta actividade estase a conseguir que os rapaces e rapazas adquiran contidos curriculares dun xeito lúdico e potenciar as relacións entre distintos niveis educativos. Ademais o número de alumnado que acode á biblioteca na hora de lecer viuse incrementado de xeito significativo ao proporcionárselle esta nova alternativa de pasar o tempo.
Queremos agradecer o labor realizado polo a alumnado de 6º, co que xa contamos de xeito habitual como colaboradores da biblioteca.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas