4.3.20

Amores de libro






Unha vez máis aquí estamos  derrotados por  San Valentín e atentos á traxectoria das frechas de Cupido.
Porque o certo é que non resulta doado  escapar  ao engado deste sentimento    abrasador, abraiante, asombroso..., e ás veces,  por que non dicilo,  bastante  arbitrario.
E  como non sempre somos capaces de expresar os nosos sentimentos, decidimos botar man dos máis doutos no manexo das palabras ; os escritores e escritoras.  Así que, dende o Club de Lectura, deixámosvos citas, poemas e fragmentos de obras extraídos de tres  libros moi recomendables:
Bicos e non balas  de Antonio García Teijeiro.
O único que queda é o amor e Aire negro de Agustín Fernández Paz.
Só nos queda desexarvos que sintades bolboretas no estómago, un amor de libro (ou varios) e, por suposto, que deades e recibades bicos, bicos e máis bicos. 































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas