O que nos gusta que nos conten historias! E, claro está,
contalas nos tamén.
O feito de compartir contos, anécdotas ou vivencias sempre é ben recibido. A palabra fainos rir,
emociónanos, ábrenos novos horizontes, lévanos
á reflexión...
Que decidimos contarlle unha historia a outro
curso e as circunstancias non nos
permiten que o fagamos de xeito
presencial? Pois isto non vai ser un impedimento. Faltaría máis.
As alumnas Oihana Gómez e Noelia Sánchez de 6º de
primaria puxéronse ma mans á obra e preséntannos
estes dous contos para o noso desfrute.
Visto o bo resultado esperamos volvelas ver por aquí en
breve.
No hay comentarios:
Publicar un comentario