9.12.20

Club de lectura

 

Levamos unha temporada de curso e aínda non apareceramos por aquí. Pero o Club de Lectura, lonxe de estar man sobre man, xa comezou hai tempo a súa nova andadura.

Queremos darlles a benvida tanto aos reincidentes  como  ás novas incorporacións. Este curso temos a sorte de contar con Sara, que se está encargando da coordinación do grupo de rapaces e rapazas de primeiro ciclo. E para  artellar a actividade deste primeiro trimestre conta nesta ocasión coa inestimable colaboración de Ánxela, que realizará a presentación da obra e moderará a posterior posta en común.



Os libros que se están a ler son Recinto gris de Ledicia Costas e Alfagann é Flanagan de Andreu Martí e Jaume Ribera.

Baixo a aparencia dunha lectura fácil, en Alfagann é Flanagan  atopamos temas   como a importancia da imaxe (realmente ten tanta?), o abuso de poder, a indefensión…   

Pola súa banda con Ledicia Costas valoraremos a riqueza da diversidade. Porque,o mundo sería tan aburrido se  todos fósemos iguais…





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas