Neste segundo trimestre o alumnado de primeiro ciclo da ESO andamos a voltas co libro de Ray Bradbury, Un sonido atronador no Club de Lectura. Esta obra pon ante os nosos ollos unha realidade incuestionable: Todo o que nos rodea nesta época que vivimos dá mostra do interconectados que estamos, para o bo e para o malo. Un conto clásico que nos somerxe nunha viaxe no tempo para dar testemuño de como un pequeno xesto pola nosa parte ten repercusións máis alá do que poidamos imaxinar.
Quizais nos axude a reflexionar sobre a importancia dos nosos actos.
En segundo ciclo dedicímonos por Ana Frank la biografía gráfica , adaptación do seu diario realizada por Sid Jacobson e Ernie Colón.
Ana, unha adolescente alemá de ascendencia xudía non podía imaxinar que a súa vida fose dar un xiro radical. O ascenso do nazismo, que deu lugar á segunda guerra mundial, ocasiona que deba abandonar o seu país, instalarse en Ánsterdam e agocharse xunto con ata sete persoas máis no ático dun edificio. Alí pasarán máis de dous anos sen poder saír en ningún momento e co temor continuo a seren descubertos.
Debido ás circunstancias que estamos a vivir quizais poidamos entender minimamente o que puido sentir durante o seu encerro.
E non podemos evitar facernos algunhas preguntas:
A xestión que os seres humanos realizamos dos recursos do planeta puido conducirnos á situación actual? Poderiamos telo evitado?
Porque evitar as guerras seguro que si é a nosa responsabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario