8.3.21

E TI, COMO VÉS SENDO?

 


Que se a máscara, a distancia de seguridade , o xel hidroalcólico. Que se non deixar nada nas mesas, cargar o ordenador, baixar e gardar  documentos…

Uf! Que non dá unha atendido a todo!

Non é de estrañar que  ao día seguinte de realizar a actividade que vos imos mostrar  a continuación nos despistásemos un pouco e colleramos obxectos que non nos pertencían.

Como aquí quen máis e quen menos  algo nos  imos coñecendo, poderías axudarnos a devolverlle ao  dono ou dona a súa pertenza?  Sabes ou intúes que lle pode acaer a cada un?

 


 Hai aspectos nosos que saltan a vista. Os gustos á hora de vestir, algunhas  afeccións, facetas do noso carácter..., son ben coñecidas por quen nos rodea. Pero nesta actividade algúns alumnos e alumnas de 2º da ESO e  Ana e Sara decidimos ir un paso máis alá e revelar algo máis sobre nós. Non todo claro!  Hai que preservar certo misterio.

Observa as seguintes imaxes e intenta identificar a quen pertencen os obxectos que aparecen nelas. Logo le o texto que o acompaña a ver se che dá algunha pista máis.

A solución, na próxima entrega.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas