E nunca mellor dito;
no mes de maio e aínda andamos con estas...
Pero, por arre ou por xo, os de 1º da ESO non puidemos compartir esta
actividade ata agora con todos vós.
Como a nós non hai
pandemia que nos pare o día anterior ás vacacións de entroido viñemos ao centro
disfrazados, cada un ao noso xeito, e con ganas de troula. A xente nova
sómosvos así!
Resultou que estabamos inspirados e comezamos
a facer unha copla. Detrás desa saíu outra e outra. Xa non houbo quen nos frease.
Aquí deixamos a
composición (incluídas as licenzas que estas festas nos permiten).
No hay comentarios:
Publicar un comentario