12.5.21

Visita a Lugo

 Visita a Fundación Abanca, Vello Cárcere, Roteiro Arquitectónico. 


 

O mércores 21 de abril 3º e 4º da ESO fomos de excursión a Lugo. En primeiro lugar visitamos unha exposición na Fundación Abanca chamada “Nuestro planeta”.  






A continuación dirixímonos cara ao Vello Cárcere, situado ao lado da estación de autobuses de Lugo. Alí vimos como antigamente vivían homes e mulleres presos durante as últimas dúas  décadas do século XIX e a primeira do XX, ata a posguerra.








Cando saímos comezamos cun roteiro arquitectónico. Os de cuarto tiñamos que identificar edificios racionalistas e os de terceiro estruturas  arquitectónicas do barroco, guiándonos coa app de Google Maps. Tivemos ata as 13:30 para identificar algúns, xa que a esa hora fomos comer. Ao rematar seguimos co roteiro por Lugo ata as 15:30 que  collemos o bus para voltar a Friol.


Pincha aquí para acceder ao roteiro



 Amoso algunhas das fotos dos lugares que o alumnado tiña que identificar. No mapa, as  marcas verdes son as do barroco e as moradas do racionalista.


Leire Santos Roade, 4º ESO
































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas