PRIMEIRO CICLO
Dúas moedas
Cando nos conectamos e nos relacionamos con outras persoas somos conscientes do diversa que é a vida. Este é o gran poder dos libros, facernos reflexionar e ver outras realidades sen saír da casa. Por iso no primeiro ciclo decidimos realizar a lectura da novela gráfica Dúas Moedas, que nos achega a unha aldea de Senegal a través dos ollos dunha adolescente.
Antes da lectura vimos un vídeo de presentación no que a autora explica as razóns que a conduciron a escribir esta obra logo de gañar un premio por un “fanzine” elaborado despois dunha viaxe a Senegal.
Posto que o alumnado neste curso vai a elaborar “fanzines”pareceunos moi axeitado que visen a repercusión que poden ter e a importancia do proceso de creación.
SEGUNDO CICLO
22 segundos
Pouco máis do tempo que indica o título foi o que necesitou o alumnado para saber que era unha lectura que lles ía gustar.
Comezamos co achegamento á autora e logo realizamos a presentación do libro e a lectura do primeiro capítulo. Posteriormente vimos algunhas das historias que recolle o documental emitido por RTVE O sexo sentido. O visionado resultou moi emotivo e calou fortemente en todos nós tanto polo tema como porque son os propios protagonistas e as súas familias quen contan as súas vivencias.
Durante o tempo de lectura individual xurdiron múltiples sensacións que se foron comentando de xeito espontáneo en distintos momentos e espazos.
A obra foi valorada moi positivamente no momento da posta en común. Moitas foron as temáticas sobre as que debatemos e unánime a conclusión á que chegamos: o dereito de toda persoa a vivir conforme a como é. Tamén tomamos conciencia de como actitudes, comentarios, xestos... poden axudar ou, polo contrario, poñer atrancos ao camiño que nos toca percorrer a cada un de nós.
Deixamos aquí o comentario de Ánxela sobre a obra.
A historia transcorre na actualidade e é fiel a realidade.
Trata da vida dun rapaz que, aínda que naceu co aparato reprodutor femenino, sempre soubo que non era unha nena.
22 segundos relata como Alex, o protagonista,vive as
dificultades, a tristeza e o amor co fin de empezar a existir dunha vez por
todas.
Gustoume moito o libro porque me achegou
a aspectos que descoñecía sobre as persoas trans. Pareceume moi bonito e
tenro pero sen chegar a ser empalagoso.
E aínda que lle atopei algunhas similitudes con outro libro que trataba
un tema parecido, non me pareceu que caera en ningún estereotipo sobre as
persoas transexuais.
Recoméndollo a quen poida atoparse nunha
situación semellante á do protagonista
porque creo que lle pode axudar a ver que moitas outras persoas pasaron
o mesmo ca eles. Tamén a quen queira coñecer algo máis sobre esta realidade.
A historia conta o duro que resultan para moitas persoas certas etapas da súa vida, e como o respecto e o amor da xente que nos rodea poden facernos a cada un de nós o camiño moito máis fácil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario