A Xunta vén de ampliar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de
lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares. Deste
xeito, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon a
disposición dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas
escolares (PLAMBE) unha ferramenta que enriquecerá as súas coleccións.
En total están accesibles máis de 3500 títulos, que se poden ler en
pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...),
con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as
os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con
carné das bibliotecas escolares.
Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo
aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A
selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización
coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
- Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e liteara, entre outras.tura para todos os niveis e etapas, entre outras.
- Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
- Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
- Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
- Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
- Estatísticas de lectura en tempo real.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario