16.12.22

Club de lectura

 

Por aquí andamos un curso máis a voltas coas lecturas propostas polo profesorado e alumnado do noso Club de Lectura.

Aproveitamos para dar  a benvida a todos e todas.

En primeiro ciclo estamos a ler o libro de Clara Vila-Amado  Pegadas na tinta, obra que xira en torno a unha investigación no Alto Exipto.

 


 

A elección foi debida a dúas causas: o interese do alumnado pola temática de suspense e porque na materia de historia estase traballando esta civilización.

Para a presentación visualizamos unha entrevista realizada a unha exiptóloga. 

 


 

En segundo ciclo son dúas as lecturas propostas: 

Para 3º da ESO ¿Cuánta tierra necesita un hombre? de  León Tolstói.  Unha obra breve   que nos leva a reflexionar sobre  os bens materiais necesarios para acadar a felicidade.

 


 

Tamén se lles ofreceu a versión en novela gráfica adaptada por Martín Veyron da editorial Norma. 

 


 

Co fin de contextualizar a lectura vimos unha presentación en power point sobre a interesante e peculiar vida do autor.

 

4º da ESO está a ler Un de nós mente  de  Karen M. Mcmanus.

 

Simón  falece no centro escolar e parece que a súa morte foi provocada por alguén da súa contorna. Pode que o feito de ser a persoa que publica noticias íntimas dos compañeiros e compañeiras teña algo que ver.

Neste caso unha das múltiple preguntas ás que nos conduce a lectura é:  “O que proxectamos cara aos demais é o que realmente somos?”.

 


 

 



 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas