12.12.22

Novos poliedros 2022

 

O alumnado de 4º da Eso elexiu o poliedro fractal de Sierpinski, do nivel 2 e 3 para enviar  a un concurso organizado por Igaciencia.
Para realizalos comezaron analizando as súas formas para a continuación crear os desenvolvementos  e despois montalos. No caso de nivel 2, o alumnado recoñeceu como posible módulo a repetir a Stella octángula de Kepler, forma moi motivadora polo seu resultado oco na posterior montaxe. Supuso un reto construílas en cartolina coidando a exactitude, doblado e pegado das 10 stellas. Puxéronlle o nome de Neviski, facendo referencia a Sierpinski e os copos de neve, moi estudiados por Kepler.

En canto ao nivel 3, a construción baseouse nun tetraedro matríz. tamén de cartolina. sobre o que se foron pegando outros máis pequenos. Chamárono Fractal Fieitiño, guiño ao fieito, tan presente nas nosas terras e de estrutura fractal.

O poliedro nivel 3

 


 

No nivel 2 investigaron a orixe interna da figura a partir de stellas octángulas. Hai que "fundir" os picos das stellas octángulas anexas para ter o nivel 2 a partir da figura construída.

 


 

Pero que mellor que os presenten elas mesmas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas