24.11.23

Samaín 2023

 

Un curso máis celebramos o Samaín, e nesta ocasión enfocámolo dende un punto de vista
antropolóxico.
Tras documentarnos sobre o Día de Defuntos e os distintos ritos, costumes e tradicións presentes en
moitos lugares de Galicia ata non hai moito, realizamos unha dramatización daqueles aspectos que nos
pareceron máis interesantes.
Ademais pretendíase que a actividade potenciase o diálogo do noso alumnado cos seus maiores, e así
poñer en valor o que estes lles poden aportar tamén no ámbito do saber.
Cos datos recompilados creamos varios espazos nos que realizar as distintas representacións.
Comezamos cos avisos de morte de distintos animais e continuamos cos contos de “vedoiros” (persoa
que posúe o poder de “ver” ou adiviñar a presenza da morte ou dalgunha desgraza).
Percorrendo unha fraga atopamos un peto das ánimas e, a continuación, uns reporteiros entrevistando os membros da Compaña.
Noutro escenario recreamos un velorio tradicional: liturxias, carpideiras, pésames...
Rematamos coa obrigada cea, posto que se velaba toda a noite ao defunto, e  supoñía, polo
xeral, un momento de distensión para a familia e resto dos presentes.

 

 Para este traballo manexamos principalmente os seguintes libros.  

Podedes atopalos na biblioteca.

 

 
 



Ademais manexamos artigos extraídos da web:
Para a danza do abellón. 
Para os amuletos animais, minerais e varios.

A mediados de mes compartimos cos cursos da ESO e con 6º de Primaria as actividades realizadas polo alumnado de primeiro ciclo da ESO
1º buscou información sobre a Compaña e ideou un xogo no que se poñía a proba o que sabían os seus compañeiros e compañeiras sobre ela.
En 2º  tamén comezaron coa procura de información; neste caso sobre distintos tipos de amuletos. Centrámonos nos “sanandreses” ou “sanandresiños”, os elaborados en Sargadelos e os de orixe animal.
Expuxéronse varios obxectos acompañados duns carteis nos que se explicaban curiosidades e virtudes dos mesmos.
Esta actividade tamén contou cun xogo no que se combinaba a parte intuitiva e a de comprensión lectora.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas