22.6.24

CLUB DE LECTURA.


Nesta última avaliación  foron dúas obras as que trouxemos entre mans.

A primeira á que faremos referencia é Plan de rescate de Antía Yáñez. Este  libro  xa fora 

escollido o curso pasado polos membros do club que agora está en 2º da ESO.

Tivo moi boa acollida, entre outras razóns, polo feito de que os seus  protagonistas son un 

grupo de amigos. 

Gustou tanto pola historia coma o seu inesperado desenlace. 

Tiñamos previsto realizar un podcast  que nos achegase a realidades reflectidas  na

historia  (TEA, Síndrome de Down, e discapacidade motora),  pero debido  a que o grupo é

moi amplo e que estabamos practicamente a fin de curso foi imposible organizalo.

Ante o interese do alumnado realizarémolo a principios do próximo curso.






A outra obra é O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.  A  historia  trata temas intemporais 

como son a soidade, a  amizade,  os cambios vitais e a influencia da contorna social e 

familiar no desenvolvemento persoal. Pero tamén outros de plena actualidade como a

presenza cada vez maior de Internet  como medio  para establecer relacións persoais. 


A literatura é, ademais, un medio inigualable para achegarnos a calquera mundo ou temática.

Neste caso a autora bota man do mundo da astronomía e astroloxía. Así que nós realizamos

unha incursión nestas materias.


Como xa comentamos anteriormente a falta de tempo non nos permitiu organizar todo o

traballo realizado polo alumnado. Retomarémolo para comezos do próximo curso.


Pero deixámosvos un adianto neste enlace no que poderedes ver a presentación 

elaborada  por Noemí  Agruñá   


Casiopea, Xúpiter e a Lúa


 As coordinadoras queremos agradecer  tamén o traballo de Icía, Roi, Susana, Borja, Christian, Antía e Rebeca. 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas