O noso Club de Lectura ponse en marcha un curso máis. E como sempre estamos encantadas coa participación do alumnado. Damos a benvida tanto ás novas incorporacións como aos veteranos e veteranas.
Precisamente foron estes últimos os que idearon e realizaron a presentación da actividade para o novo alumnado de 1º da ESO.
Consistiu nun "escape room". A clase de primeiro ciclo seleccionou libros e redactou unha serie de preguntas sobre eles. A resposta correcta levaría os participantes a conseguir a chave para acceder á biblioteca. Unha vez dentro o alumnado de 1º debería atopar as obras seleccionadas.
Antes de comezar o xogo explicaron o funcionamento do club.
Libro 1º ciclo
Baba Yagá
Comezouse contando a lenda na que se inspira a obra. A continuación os participantes
puxeron en común os coñecementos que tiñan sobre os personaxes das bruxas; contos e
historias nas que aparecen e a razón destas presenzas.
Libro 2º ciclo
Corredores de sombras
En 2º ciclo a obra elixida para este primeiro trimestre é Corredores de sombras de Agustín Fernández Paz.
Neste caso comezouse co visionado dunha presentación en power point que nos achegou á vida e obra do autor vilalbés.
Logo realizouse un primeiro achegamento á obra e o contexto no que se desenvolve.
"Cando a protagonista acode ao pazo familiar a pasar o verán non podía imaxinar ata que punto os acontecementos que sucederon durante a súa estancia no lugar determinarían a súa vida."
No hay comentarios:
Publicar un comentario