13.11.13

Caligrafía xaponesa en Madrid

               Fotografía facilitada por la Biblioteca Nacional de los artistas japoneses Toshitaka Arioka (iz), especialista en letras kanji, y Atshuhito Takagi, miembro del Comité Ejecutivo de la Sociedad Japonesa de Arte Caligráfico, realizando un dibujo durante la presentación de la exposición "Caligrafía japonesa", organizada por la Biblioteca Nacional de España, la embajada de Japón en España y la Japan Calligraphic Art Academy hoy en Madrid. EFE

Mágoa que nos quede algo lonxe. Para ir abrindo curiosidade sobre a caligrafía (sorpresa en breve), facemos esta entrada adicada a este tema. Hoxe inaugúrase na Biblioteca Nacional de Madrid unha exposición sobre a caligrafía xaponesa, que conta con 1500 anos de historia, e que tamén é unha expresión artística. "Es la manera de expresar bellamente no solamente un concepto o una idea, sino también un sentimiento", en opinión de Ana Santos Aramburo, directora da Biblioteca Nacional.
A exposición permanecerá aberta ata o 2 de Febreiro, na que se inclúen 91 obras de calígrafos actuais. Tres calígrafos xaponeses fan a montaxe e unha mostra en directo de creación calígrafa na inauguración.
Neste enlace atoparedes máis información sobre a exposición. E aquí e aquí, exemplos de algunhas obras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas