Mostrando entradas con la etiqueta acrósticos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta acrósticos. Mostrar todas las entradas

25.6.26

CLUB DE LECTURA. DA LECTURA Á ESCRITA


O narrativo é sen dúbidas o xénero literario que máis se consume, ao que estamos máis habituados,
Isto non quere dicir que non haxa persoas  que poidan chegar  a apaixonarse polo teatro e a poesía. 
Un dos xeitos máis efectivos para que o alumnado se achegue de bo grao a un tipo de poesía  que case sempre queda fóra do currículo e descubra que lles pode entusiasmar, é poñer nas súas mans  algunha obra de Carlos Negro. Penúltimas tendencias e Makinaria son unha aposta segura.

Así que no noso club, tras ler  ambas obras, decidimos realizar uns acrósticos mediante a elección e combinación dos versos que máis nos gustasen, impactasen ou chamasen a atención e que, ademais, fosen axeitados para conseguir o noso propósito.

Aquí vos deixamos  algunhas composicións creadas por alumnos e alumnas.  As presentación foron ideadas e  realizadas por Susana López e Noemí Agruñá. 

Ah!

Que que é un acróstico?

Fíxate na primeira letra de cada verso.


 


 








Aínda que somos do bloque central, nalgúns casos as "manías" da lingua leváronnos a confraternizarnos co occidental e utilizar o seseo. E gustonos.

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas