20.2.14

Mochilas viaxeiras




Co ánimo de fomentar a lectura, e de forma especial a lectura en familia, puxemos en marcha as mochilas viaxeiras, que estarán en activo desde o 3 de febreiro ata final de curso. Cada familia recibirá a través da súa filla ou do seu fillo unha mochila con diferentes tipos de textos, documentos e formatos. O préstamo será dunha semana e as mochilas serán recollidas os luns. A mochila inclúe narrativa en galego e castelá, un CD de música, un libro de manualidades, un libro en inglés, un libro de consulta para as familias, un mapa do concello, un conto infantil, e unha libreta para recoller suxestións das familias. Esperamos que esta iniciativa sexa do voso agrado, e lembramos a importancia que a lectura en familia ten desde idades temperás, para fomentar o amor pola lectura. Tamén agradecemos calquera suxestión que nos fagades chegar para introducir melloras e novas ideas. Así que, animádevos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas