16.11.14

Mochilas viaxeiras

 Comeza  unha nova andaina das Mochilas Viaxeiras. Irán chegando ás casas onde poderán permanecer  dúas semanas , tempo suficiente para gozar  en familia de variadas lecturas. O ánimo das mochilas é fomentar o hábito lector en idades temperás e resaltar a importancia que ten a familia para lograr este obxectivo. Nas Mochilas pódese  atopar narrativa en varias linguas , libro de manualidades, libro para as familias , Cd de música, libro de curiosidades, un mapa do concello para seguir o seu percorrido e unha carpeta  onde as nenas e nenos, nais e pais poden expresar as súas opinións sobre o contido e tamén propor algunha suxestión. Desde a biblioteca animámosvos a utilizar as Mochilas tal como xa fixestes o ano pasado e gozar de momentos de lectura interesante, divertida e amena. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas