9.11.14

V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia




Esta fin de semana celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela as V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Como tódolos anos a asistencia foi multitudinaria. Nela, diferentes centros expoñen ás súas experiencias de renovación das bibliotecas escolares e de implantación dun novo método de traballo encamiñado a potenciar a aprendizaxe multidisciplinar e fomentar o traballo por proxectos, cuxo éxito está en consonancia co grao de participación de toda a comunidade educativa. Este é o espíritu do PLAMBE.
O noso centro tamén estivo alí, representado polo equipo de biblioteca que foi invitado para compartir cos asistentes a súa experiencia. Desde aquí, aproveitamos para dar as grazas a toda a comunidade educativa que colaborou co equipo de biblioteca para que isto fose posible e poder presumir de centro. Grazas a todas e todos... e que non decaia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas