10.11.14

Samaín I

En breve repartiremos os marcapáxinas onde se poden ver as cabazas gañadoras neste Samaín 2014. Así como chegen da imprenta comezaremos o repato e a entrega duns pequenos agasallos para os gañadores. Desde o equipo de biblioteca queremos dar as grazas a todas as familias que participaron na realización de tan creativas  cabazas como a toda a xente que se achegou á praza da vila , que fomos moitos, e compartir un bo rato na xuntanza. Temos moi claro que nese momento todos fomos gañadores.




Nuns días publicaremos neste blog un video onde se resumirá todas as actividades realizadas para esta conmemoración. Felicitacións e grazas a  todos..

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas