20.4.15

Obradoiro de xadrez


Levamos un trimestre ofrecendo un obradoiro de xadrez para todo o alumnado do centro e semana a semana reunímonos nun par de sesións para aprender, avanzar neste apaixonante deporte e descubrir que ningunha partida e igual a outra. Polo de agora son dezaoito as alumnas e alumnos que asisten ao obradoiro esperando que se lles sumen máis no futuro. Ánimo! 



Aproveitamos para recordar que na biblioteca temos dispoñibles unha serie de libros sobre o tema para distintos niveis e que vos poden axudar a avanzar máis axiña.



Nun artigo publicado en La Voz de Galicia fai uns días Celso Currás destaca  os beneficios da súa práctica ;
Son varias as capacidades do alumno que se benefician coa práctica do xadrez: razoamento lóxico-matemático, memoria, imaxinación, orientación espacial e incluso a maduración da lectoescritura. Por iso é recomendable que os nenos aprendan a xogar xa nos primeiros anos do ensino primario. 
Se queredes ler todo o artigo, aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas