Dime casadiña
nova,
cómo che vai de casada.
- O meu home está moi vello,
non me sirve para nada.
Esta
é a copla que lle canta o mozo namorado de Pimpinela cando ela casa co señor
Fuco en Os vellos non deben namorarse.
Por certo!, esta obra de Castelao está de aniversario; 75 anos xa desde que se
publicou en Bos Aires. E continúa gozando de moi boa saúde segundo a boa
aceptación que tivo no Club de Lectura. Desde
aquela moitas burlas e escarnios se seguiron realizando sobre os matrimonios de idades dispares, e nós
queriamos saber se estas ideas persisten no noso alumnado de secundaria. Por
iso realizamos unha "microenquisa":
1.
Subliña o que proceda:
SEXO:HOME/MULLER CURSO: 1º 2º 3º 4º ESO
2 2. Queremos saber a túa opinión sobre parellas
de idades moi dispares; redondea a letra da opción que che pareza máis
“aceptable:
a)
Muller de 65 anos con rapaz de 25
b)
Home de 65 anos con rapaza de 25
c)
As dúas me parecen igual de “aceptables”
Os resultados foron os que seguen:
TOTAL ALUMNADO
a 6,3%
b 11,9%
c 81,8%
|
TOTAL RAPAZAS
a 8.5%
b 7,5%
c 84%
|
TOTAL RAPACES
a 4.15%
b 16.25
c 79,6
|
1º ESO TOTAL
a 4.55%
b 0%
c 95,45%
|
1º ESO RAPAZAS
a 0%
b 0%
c 100%
|
1º ESO RAPACES
a 9,1%
b 0%
c 90,9%
|
2º ESO TOTAL
a 8,3%
b 38,07%
c 53,57%
|
2º ESO RAPAZAS
a 16,6%
b 33,3%
c 50%
|
2º ESO RAPACES
a 0%
b 42,85%
c 57,14%
|
3º ESO TOTAL
a 13,9%
b 11,1%
c 74,65%
|
3º ESO RAPAZAS
a 16,7%
b 0%
c 83,3%
|
3º ESO RAPACES
a 11,1
b 22,2
c 66,6
|
4º ESO TOTAL
a 0%
b 0,5%
c 99,5%
|
4º ESO RAPAZAS
a 0%
b 1%
c 99%
|
4º ESO RAPACES
a 0%
b 0%
c 100%
|
As nosas conclusións á vista destes
resultados son:
COMO CAMBIOU O CONTO?!
ARRIBA O AMOR!!!
E como estas coplas nos fixeron graza e nos
deron que pensar, seguimos coa idea de achegar este tema á actualidade.
Desta vez quixeron poñerlle imaxe a estas
mofas e o alumnado, en grupo de dous, escolleu
parellas da actualidade de idades moi dispares.
O seguinte paso foi realizar un colaxe
caricaturizando cada un dos personaxes e a súa relación.
E como nos seguiamos
sentindo arteiros acompañámolas dunhas coplas ideadas polo alumnado. Nelas
pretendiamos reflectir os pensamentos da parte moza da parella con respecto á
súa relación. Nalgunha delas trunfou o amor, pero na maioría....
No hay comentarios:
Publicar un comentario