19.5.16

Aurora García Rivas en Friol


Aurora García Rivas é autora dunha novela histórica que nos lembra a figura de Catalina de Santisso, vítima da violencia de xénero no S. XVI. A lenda, ben coñecida polo noso alumnado, lémbranos a fama de home despiadado que tivo Vasco das Seixas, señor da Torre de San Paio de Narla. Aínda que lenda nalgúns aspectos (o sobrenatural aparece na apertura do seu sepulcro de Sobrado), ten unha base real, e chegou a nós por un manuscrito do S. XVIII dun monxe de Sobrado.
No noso centro, tivemos o honor de contar con ela para explicar ó alumnado non só a lenda, senon tamén unha contextualización histórica e xeográfica na que o vínculo entre Asturias e Galicia quedou ben visible.
Os asistentes disfrutaron da cercanía e humanidade da ponente, a quen lle recoñecemos esa capacidade intuitiva para conectar co público en idade escolar. Conseguíu atraer a súa atención e participación. Non esquecemos tampouco a participación de Adrián Seijo Seijas, alumno de 6º de primaria que soubo contar por sí mesmo e con todo luxo de detalles a lenda en cuestión. Na súa intervención vemos tamén a un futuro ponente capaz de manter a atención de quen o escoita. Parabéns tamén a Socorro, mestra de 6º, por ser quen de potenciar estas habilidades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas