22.11.16

O mago Mauro visita Friol


   



O pasado mércores visitounos o mago Mauro Longarela para nos ofrecer un obradoiro ante un público totalmente entregado. A expectativa era grande, e do mesmo xeito foi a súa actuación. Mauro, de gran capacidade comunicativa, achegounos ao mundo da maxia dunha forma lúdica pero deixando ben claro que debaixo de cada xogo ou “truco” agóchase un continuado esforzo e rigor no adestramento. Asistimos a como a concentración, o control e coñecemento pódese mesturar co divertimento. Ademais, se a actuación proponse desde unha educación en valores, pois non podemos pedir máis. Creatividade baseada na técnica e renovación da técnica grazas a influencia de creatividade.

Mauro logrou levarnos, en distintas ocasións, ao mundo do imposible para despois aprendernos a como se fai posible; explicounos a lóxica interna dun par de xogos e así podelos realizar entre nós.
Grazas, Mauro.







             

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas