O señor Ibrahin e as flores do Corán
é un libro que nos transmite a
liberadora idea de que nada está predeterminado, de que cada un de nós podemos
conformar quen somos, incluso superando os estritos condicionantes da raza e a
relixión.
Tamén nos leva a reflexionar sobre temas como a amizade, e incide no
respecto polo outro e a comprensión ante a debilidade do ser humano, base
imprescindible para a reconciliación con nós mesmos e os máis.
O alumnado integrante do noso Club de Lectura foi quen de percibir estes e
outro moitos matices, por iso o disfrutaron coa súa lectura e compartiron as
súas atinadas reflexións.
No curso anterior a lectura e posta en común do libro elixido levounos a realizar unha práctica
artística. Ante a boa acollida por parte do alumnado decidimos continuar esta
dinámica.
E como nesta ocasión a temática que
se propón dende Bibliotecas Escolares é a arte, e a islámica resulta certamente descoñecida para
o noso alumnado, decidimos realizar un achegamento á mesma. Centrámonos no
coñecemento das súas características principais facendo fincapé na súa
arquitectura; a mesquita como a súa obra máis emblemática, e os deseños
ornamentais tanto xeométricos como vexetais.
Realizamos unha viaxe virtual pola mesquita de Córdoba a través da súa
páxina web prestándolle unha especial atención ás arcadas. A continuación
pasamos á parte práctica da actividade: tras un estudo da xeometría do arco, realizamos
a escala real unha pintura do mesmo no patio.
Foi moi interesante percibir como o alumnado se deu conta de que unha obra
literaria pode conducirnos a unha actividade plástica, e desexamos que esta á
súa vez sexa un novo punto de partida para novos descubrimentos.
Velaquí o resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario