14.3.17

Día internacional da Muller



 
Outro ano máis quixemos aportar o noso gran de area para conmemorar o Día da Muller. E, como moitas veces sucede, os libros convertéronse nuns estupendos aliados para poñer en marcha a actividade. Dúas foron as obras nas que nos centramos: Con ojos de niña de Amparo Tomé González e Francesco Tonucci, que coas súas acertadas reflexións sobre prexuízos de xénero nos fixeron lembrar o que aínda queda por avanzar na educación igualitaria dos nosos rapaces e rapazas, e Ilustrísima´s 2, que cunhas ilustracións e textos certamente orixinais e amenos nos achegou a un nutrido grupo de valentes pioneiras nos distintos campos e etapas da historia.
Con material tirado de ambas obras realizamos unha mostra no corredor de Secundaria. Posteriormente, nas sesións de titoría e de diversas materias, o alumnado achegouse á exposición e completou un cuestionario coa información que esta proporcionaba. Ademais, cada alumno/a elixiu a unha destas mulleres para ampliar a información sobre ela e logo compartila co resto do alumnado e profesorado.


Foi determinante para levar a cabo a actividade a boa disposición dos docentes, a achega dos seus coñecementos e a bibliografía que nos facilitaron.

Graciñas a tod@s

  





E dúas obras que entran como novidade na nosa biblioteca.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas