É unha pena, pero parece claro que os seres humanos non conseguimos aprender dos nosos erros e construír conxuntamente un mundo no que non se volvan a repetir as mesmas miserias.
Isto parece desprenderse das obras
lidas no noso Club de Lectura no segundo e terceiro trimestre.
Corredores de sombra de Agustín Fernández
Paz, trata da “memoria
histórica”, e de como a Guerra Civil española deixou vítimas esquecidas e
vencedores impunes. Tamén como a clase social nos comprimen en costuras tan
ríxidas que moitas veces impide o noso crecemento persoal como individuo libre.
Por outra banda, Irmán
do vento de M. Lourenzo González,
transpórtanos á guerra de Iraq. Coñecemos ao seu protagonista principal: “Son
koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben
Sayiam, cidadán do mundo”, quen narra en primeira persoa e estilo epistolar como
os seus soños e aspiracións desaparecen dun xeito drástico e traumático a causa deste conflito bélico. Ao final da
historia, o adolescente de 16 anos reafírmase na súa bondade natural para cos
bondadosos, pero súmase a loita contra aqueles que pretenden destruír o modo de
vida do seu pobo e arrebatarlles a dignidade.
Pero como non podía ser doutro xeito estas lecturas deixan unha porta aberta á esperanza, representada por personaxes que nos fan crer no ser humano, porque saben ver por baixo das aparencias, son quen de poñerse no lugar do outro por moi distinto que este sexa e, en fin, respectan ao ser humano e as circunstancias que o rodean.
No hay comentarios:
Publicar un comentario