2.11.17

Benvida


Ola, aínda que non o pareza xa levamos un tempo a voltas co traballo de biblioteca. 
Comezamos coas tarefas de organización. Como o espazo para volumes xa se nos fai pequeno tivemos que buscar un novo "albergue" para ubicar algún  dos nosos fondos. Tamén realizamos os rexistros das novas adquisicións. E como non, levamos todo un mes facendo o préstamo de libros.
Deixámosvos aqui o cartel que este ano recolle  a idea suxerida dende Bibliotecas Escolares, realizado por Xosé Tomás



Mirade que contentos están e que espírito viaxeiro teñen os nosos pequenos abrindo as Mochilas que un ano máis chegarán ás súas casas.



 E como sempre, agradecemos a colaboración do alumnado que recreo tras recreo acode á nosa biblioteca para realizar as máis diversas tarefas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas