Como xa adiantamos noutra entrada, quedounos por publicar a exposición que o alumnado de secundaría fixo con motivo da conmemoración do Samaín. Foron moitos os departamentos que animaron ao alumnado a investigar sobre o tema, ademais de motivalos na súa exposición pública. Resultou un traballo ben curioso. Imos a botarlle unha ollada.
Desde o Departamento de Historia o alumnado ofreceunos diversas formas,
un pouco curiosas e ás veces absurdas, nas que algunhas celebridades
se atoparon coa morte.
Desde
Francés chegáronnos multitude de supersticións relativas ao tema.
O
alumnado de 1º da Eso, con
so un par de meses a voltas co francés atreveuse a cantar un poema.
Tamén puidemos ver algúns exemplos de músicos que morreron facendo o que máis lle gustaba; actuar!
O alumnado de Bioloxía fixo unha investigación sobre os animais que desde a nosa cultura foron inxustamente demonizados. Acompañaban as máscaras que eles mesmos fixeron en Plástica.
Outras máscaras pululaban por alí! Neste caso, máscaras contemporáneas do mundo do cómic e do cine. Soubemos das súas vidas por el@s mesmos.
O Departamento de Galego invitou ao seu alumnado a facer diferentes investigacións. Un curso centrou o traballo na simboloxía da cor en distintas culturas e dalgúns elementos moi presentes; verdadeiras iconas asociadas á morte.
Outro curso tratou as tradicións en diferentes países do mundo e como viven o seu propio día de defuntos.
O Departamento de Inglés ofreceunos a narración e traducción simultánea da lenda irlandesa de Stingy Jack.
Pois
isto
foi o
acontecido no corredor de secundaria. Parabéns ao profesorado
implicado e a todo o alumnado. Fixérono moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario