25.1.18

Exposición sobre educación en igualdade




Durante esta semana a biblioteca acolleu a exposición de pinturas e xoguetes  que forma parte do proxecto interdisciplinario  Educación en Igualdade coordinado polo Departamento de Orientación.
A mostra conta con graffitis realizados polo alumnado 5º de primaria, debuxos  desta mesma etapa e de infantil e xoguetes que os máis pequenos trouxeron das súas casas.
O fin desta exposición é a de facernos reflexionar sobre os estereotipos sexistas que imperan na nosa sociedade e aos que ás veces non prestamos a debida atención.
            Trátase dunha actividade englobada nun traballo interdisciplinario que involucrou a todas as etapas educativas e que concluíu nun evento que tivo lugar oo 23 de xaneiro no centro sociocultural da vila. 













 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas