24.5.18

Xogo de pistas





En primaria, outro curso máis , realizamos o Xogo de Pistas; nesta ocasión os participantes foron 5º e 6º.
Fixemos equipos, e a cada un démoslle  unha tarxeta con pistas que os levarían a localizar o primeiro libro, no que a súa vez deberían buscar a información para responder a unha pregunta. Dentro do volume atoparon outra tarxeta que os conduciría á seguinte procura e información.
E así continuamos de obra en obra ata completar cinco.
Rematamos a actividade cubrindo unha ficha con datos extraídos do último libro.
A rapazada pasouno realmente ben. Tanto, que lles gustaría realizar a actividade varias veces no curso.
Será que teñen alma de detectives ou bibliotecarios. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas