12.11.18

SAMAÍN



Outro ano máis celebramos o Samaín, e comezamos co clásico conxuro interpretado, nesta ocasión, pola profesora de infantil Ana López Rielo. 



Tamén puidemos disfrutar dunha exposición de cabazas. Foron moitas e moi creativas, como podedes ver neste video.  



Coas cabazas premiadas deseñamos un marcapáxinas para repartir a toda a comunidade educativa.




 Non faltaron os contos terroríficos. Como exemplo podedes ler o creado por Lucía Roca López, alumna de 6º de primaria.



Ademais, entraron na biblioteca algunhas novidades para esta ocasión.








Coa colaboración do departamento de Orientación e o departamento de inglés os alumnos de secundaria, participaron nun obradoiro de cociña decorativa e presentaron unha mesa doce da que poideron disfrutar na hora de lecer. O traballo en equipo foi fundamental na elaboración das receitas, favorecéndose a través do taller a convivencia non so entre alumando senón tamén entre o profesorado.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas