O pasado día 15, con motivo da celebración das
Letras Galegas a Asociación Antonio Gandoy ofreceunos na biblioteca o seu espectáculo
“ O son que me arroupa”.
A través da música tradicional, canto e teatro
o alumnado puido achegarse ás distintas
clases e elementos do traxe tradicional galego, aos tecidos empregados e
procesos de elaboración. Dunha forma amena e divertida tamén aprendemos os diversos utensilios necesarios para a súa
elaboración, así como outras curiosidades no deseño da costura, bordados dos
abelorios e simboloxías das cores.
Quedamos encantados con este conto tan ben “fiado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario