Como xa fixemos mención na anterior entrada, varios son
os aspectos que comparten as obras Diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial e Lúa de Senegal. E tras a lectura, outro máis chamou a nosa atención:
a presenza e importancia da figura da avoa en ambas obras. Mamá Feriane, a contadora de
historias e gardiá da tradición, e a avoa spokane, portadora dese sabedoría que permite
discernir o que é realmente importante e desbotar os prexuízos. E claro, as
dúas comparten o amor incondional polos seus netos e netas.
E isto levounos a pensar nos nosos
propios avós e avoas, no que os queremos, lles debemos e as poucas veces que
llelo dicimos, porque damos por suposto que xa o saben. Así que decidimos
mandarlles unha carta para recordárllelo. Confiamos en que que eles e elas a recibiron coa mesma emoción
coa que nós as escribimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario