Unha vez máis aquí estamos derrotados por San Valentín e atentos á traxectoria das frechas de Cupido.
Porque o certo é que
non resulta doado escapar ao engado deste sentimento abrasador, abraiante, asombroso..., e ás
veces, por que non dicilo, bastante
arbitrario.
E como non sempre somos capaces de expresar os
nosos sentimentos, decidimos botar man dos máis doutos no manexo das palabras ;
os escritores e escritoras. Así que,
dende o Club de Lectura, deixámosvos
citas, poemas e fragmentos de obras extraídos de tres libros moi recomendables:
Bicos e non balas de Antonio García Teijeiro.
O único que queda é o
amor e Aire negro de Agustín Fernández Paz.
Só nos queda
desexarvos que sintades bolboretas no estómago, un amor de libro (ou varios) e,
por suposto, que deades e recibades bicos, bicos e máis bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario