8.3.21

Club de lectura

Neste segundo trimestre o alumnado de primeiro ciclo da ESO andamos a voltas co libro de Ray Bradbury, Un sonido atronador no Club de Lectura. Esta obra pon ante os nosos ollos unha realidade incuestionable:  Todo o que nos rodea nesta época que vivimos dá mostra do interconectados que estamos, para o bo e para o malo.  Un conto clásico que nos somerxe nunha viaxe no tempo para  dar testemuño de como un pequeno xesto pola nosa parte  ten repercusións máis alá do que poidamos imaxinar. 

Quizais nos axude a reflexionar sobre a importancia dos nosos actos. 

 

Un sonido atronador (Ilustrados): Amazon.es: Bradbury, Ray, Ferr‡ndiz  Rueda, Elena, Colectivo Ray Bradbury CdL, Colectivo Ray Bradbury CdL: Libros

  En segundo ciclo dedicímonos por Ana Frank la biografía gráfica , adaptación do  seu diario realizada por  Sid Jacobson e Ernie Colón.

 Ana, unha adolescente alemá de ascendencia xudía non podía imaxinar que a súa vida   fose dar un xiro  radical.  O ascenso do nazismo, que deu lugar á   segunda  guerra mundial,  ocasiona que deba abandonar o seu país, instalarse en Ánsterdam  e agocharse xunto con ata sete persoas máis  no  ático dun edificio.   Alí pasarán máis de dous anos sen poder saír en ningún momento e co temor continuo a  seren descubertos.

Ana Frank Biografía Gráfica con Ofertas en Carrefour | Las mejores ofertas  de Carrefour

 Debido ás circunstancias que estamos a vivir quizais poidamos  entender   minimamente o que puido sentir durante o seu encerro.  

E non podemos evitar facernos  algunhas preguntas:

A xestión que os seres humanos realizamos dos recursos do planeta  puido conducirnos á  situación actual? Poderiamos telo evitado?

Porque evitar as guerras seguro que si é a nosa responsabilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas