Visita a Fundación Abanca, Vello Cárcere, Roteiro Arquitectónico.
O mércores 21 de abril 3º e 4º da ESO fomos de excursión a Lugo. En primeiro lugar visitamos unha exposición na Fundación Abanca chamada “Nuestro planeta”.
A continuación dirixímonos cara ao Vello Cárcere, situado ao lado da estación de autobuses de Lugo. Alí vimos como antigamente vivían homes e mulleres presos durante as últimas dúas décadas do século XIX e a primeira do XX, ata a posguerra.
Cando saímos comezamos cun roteiro arquitectónico. Os de cuarto tiñamos que identificar edificios racionalistas e os de terceiro estruturas arquitectónicas do barroco, guiándonos coa app de Google Maps. Tivemos ata as 13:30 para identificar algúns, xa que a esa hora fomos comer. Ao rematar seguimos co roteiro por Lugo ata as 15:30 que collemos o bus para voltar a Friol.
Pincha aquí para acceder ao roteiro |
Amoso algunhas das fotos dos lugares que o alumnado tiña que identificar. No mapa, as marcas verdes son as do barroco e as moradas do racionalista.
Leire Santos Roade, 4º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario