Durante este curso o alumnado realizou numerosas recomendacións de libros para que teñades onde elixir aqueles e aquelas que vos achegades a este blog.
No Club de Lectura imos rematar a andaina deste curso do memo xeito; suxeríndovos algunha obra das que nós lemos. Neste caso utilizamos o recurso da infografía para proporcionar a información más salientable, conxugando a palabra e a imaxe.
E os compañeiros e compañeiras de curso animáronse e tamén quixeron compartir algunhas das súas obras favoritas.
Bo verán e boa lectura a todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario