3.4.23

E se lle damos outra volta?


Con esta actividade que vos presentamos  pretendemos compartir  algúns textos extraídos de  diversas fontes, que nos chamaron a atención, consideramos interesantes ou  están relacionados cun tema da actualidade, aínda que este sucedera hai certo tempo.

 O título da sección débese a que algunhas  informacións que chegan a nós deberiámolas pensar dúas veces, porque é bo cuestionarnos certas ideas que de tan repetidas terminan considerándose certas, pero poden selo ou non.

 Sería bo tamén que reflexionaramos sobre as nosas propias actitudes,  xa que  de facelo nalgunhas ocasións  modificariámolas.

  Aínda que estes textos non sairán nunhas datas concretas pretendemos que o fagan con certa periodicidade.

 Esperamos que sexan do voso interese.

        Manuela Gil Wrubleski





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Todo o que se publica neste blog respecta os dereitos de autor.
Se alguén considera que algunha imaxe ou calquera outro elemento publicado vulnera estes dereitos, agradeceriamos se nos comunicase para eliminalo inmediatamente. Grazas